Recuperar a terra. Deseñar o futuro
Que é Aterra? ‘Iniciativa pioneira que nace co obxectivo de impulsar novos proxectos agrogandeiros no territorio Limia Arnoia.
Como? Conectando persoas propietarias con demandantes de terras.
O esquema a seguir é:
- O GDR como promotor e soporte técnico.
- A tecnoloxía e a comunicación como ferramentas.
- A rede de axentes locais como claves do éxito.
O GDR Limia Arnoia, no marco do deseño dunha estratexia de desenvolvemento local, está a analizar a situación actual do uso e xestión do territorio nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Este traballo e a chegada de novos fondos do Programa Leader para o período 2023-2027, deben supoñer unha oportunidade para o aproveitamento dos recursos e a creación de emprego.
Se tes calquer dúbida ou problema sobre o uso da aplicación non dúbides en poñerte en contacto con nós.