×

Finca Antela

A Deputación de Ourense e o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia acordaron a xestión por parte do GDR das parcelas da "Finca Antela", no concello de Sandiás, a través da iniciativa Aterra e o seu equipo técnico.

O obxecto do acordo entre as dúas entidades é o arrendamento das parcelas a explotacións agrogandeiras.

Se estas interesado, cubre os anexos e envíanos ao correo electrónico (info@aterra.es) a documentación que se detalla nas bases.

Se tes algunha dúbida, ponte en contacto con nós.

Bases e anexos: