Vivendas
Despois de 3 anos traballando no proxecto, a experiencia lévanos a facer cambios, as terras moitas veces veñen acompañadas de vivendas.
Os ofertantes de terras queren vender tanto as súas parcelas como as casas da familia que herdaron pero que non lle dan uso por diversas razóns.
En Aterra ademais de querer impulsar novos proxectos agro-gandeiros e axudar aos que xa están funcionando, queremos establecer novos habitantes no noso territorio e axudarlles a acceder a unha vivenda.
Se queres poñer a túa vivenda en aluguer, venda ou cesión:
- Fai clic en “Ir ao visor” e en “Iniciar sesión”. Crea unha conta se aínda non o fixeches.
- Debuxa un polígono que abranga a zona onde se sitúa.
- Indícanos datos como prezo, número de habitación, referencia catastral e tamén un correo electrónico ou número de teléfono de contacto así como algunha foto do inmoble.
No noso visor tamén podes consultar a listaxe de vivendas dispoñibles.
Se tes algunha dúbida, podes contactar con nós no correo info@aterra.gal ou no teléfono 988 891 116

