Aterra
Terra: ‘Extensión delimitada da superficie terrestre susceptible de estar dedicada a unha certa actividade’.
Aterrar: ‘Pousar en terra’, ‘Aparecer, asentarse nun sitio’.
Aterra: ‘Iniciativa do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia que ten como obxectivo impulsar novos proxectos agrogandeiros no territorio’.
Como se pode conseguir?
- Identificación de persoas propietarias de terras non xestionadas ou de proxectos sen continuidade a curto prazo.
- Identificación de persoas demandantes de terra.
O GDR Limia Arnoia, no marco do deseño dunha estratexia de desenvolvemento local, está a analizar a situación actual do uso e xestión do territorio nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Este traballo e a chegada de novos fondos do Programa Leader para o período 2023-2027, deben supoñer unha oportunidade para o aproveitamento dos recursos e a creación de emprego.